A Comisión de Normalización da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, programa unha nova edición destas xornadas dirixidas a alumnado, persoal docente e investigador e mais persoal de administración e servizos das tres universidades galegas, así como a outros profesionais da educación interesados en mellorar o uso e coñecemento dos recursos didácticos en galego dirixidos á poboación adulta.
Escolas Católicas de Galicia, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza a XIII Xornada de Normalización Lingüística, destinada a todo o profesorado de centros públicos, concertados e privados.
A Concellería de Cultura do Concello de Ourense, Normalización Lingüística e o Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan o VIII Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da 22ª edición do Festival de Cine de Ourense, que se celebrará en 2017.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora co Instituto de Estudios Bercianos (IEB), coa Comisión Cultural Martín Sarmiento e coa Real Academia Galega (RAG) na organización do Simposio do Bicentenario de Antonio Fernandez Morales / XI Xornadas de Autor IEB Antonio Fernández Morales: o cantor do Bierzo, que se desenvolverá en Ponferrada, en Vilafranca do Bierzo e en Cacabelos os días 15, 16 e 17, respectivamente, co gallo de renderlle tributo ao cantor en galego máis importante desta área galegofalante.
O Día Europeo das Linguas, o Consello da Cultura Galega, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, celebra esta xornada para analizar a presenza da lingua galega e doutros idiomas minoritarios no campo do comercio e da industria.
ORDE do 10 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, e se procede á súa convocatoria (ED106A).
EXTRACTO da Orde do 10 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, e se procede á súa convocatoria (ED106A).
Resolución de concesión
RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 6 de abril de 2017.
Orde do 6 de abril pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria (procedemento ED115A).
- RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 6 de abril de 2017 Ligazón ao DOG
- Orde do 6 de abril de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega Ligazón ao DOG
Resolución das xefaturas territoriais da Coruña e Pontevedra
- Orde do 19 de decembro de 2016 pola que se anuncia a convocatoria de subvencións Ligazón ao DOG
- Resolución definitiva Lugo Ligazón ao DOG
- Resolución definitiva Ourense Ligazón ao DOG
- Resolución definitiva A Coruña Ligazón ao DOG
- Resolución definitiva Pontevedra Ligazón ao DOG
A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca tres cursos de nivel medio e tres de nivel superior de linguaxe administrativa galega.
- Resolución do 16 de xuño de 2017 pola que se convocan os cursos Ligazón ao DOG
Premio do Concello da Estrada ao mellor traballo ou serie de traballos (ata un máximo de 5) publicados en lingua galega nun medio de comunicación escrito.