A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e mais coa Universidade de Vigo (UVigo) neste encontro que ten como finalidade achegarlle á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a oportunidade de escoitar as reflexións dos nosos/as escritores e escritoras.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora co Consello da Cultura Galega e coa Fundación Galicia Empresa na organización deste encontro que quere analizar, non só o panorama xeral da Responsabilidade Social Corporativa (RSC), senón tamén como se incorpora no caso de Galicia unha orientación cultural e lingüística que interpreta a RSC como vía de xeración de valor para todos os grupos de interese e para mellor colaborar cara a un desenvolvemento sostible.
A Asociación Galega das Artes, co apoio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, pon en marcha unha nova edición do certame 'Cores con Palabras' para promover a creación artística entre as persoas maiores de 55 anos, que poderán presentar a este concurso as súas obras pictóricas ou poéticas orixinais.
Resolución de concesión
- Orde de convocatoria Ligazón ao DOG
- Corrección de erros Ligazón ao DOG
- Resolución de concesión Ligazón ao DOG
Premio do Concello da Estrada ao mellor traballo ou serie de traballos (ata un máximo de 5) publicados en lingua galega nun medio de comunicación escrito.