O Centro de Estudos Galegos John Rutherford de Oxford coproduce e estrea no Reino Unido a ópera O arame, con música de Juan Durán e texto de Manuel Lorenzo.
O arame será cantada en galego con subtítulos en inglés proxectados sobre a escena.
O Centro de Estudos Galegos de París organiza a proxección do documental galego Fíos fóra, da produtora Illa Bufarda.
A proxección, que terá lugar no marco dun curso gratuíto de lingua galega que o CEG desenvolve en colaboración co Instituto Cervantes, está aberta a todo o público interesado. Cando remate, este terá ocasión de establecer un coloquio por videochamada coas directoras do documental.
O poeta e filólogo Gonzalo Hermo impartirá no Centro de Estudos Galegos de Salamanca a conferencia "A toponimia galega: unha aproximación".
Actividade coorganizada polo Centro de Estudos Galegos de Braga e mais polo Instituto de Ciências Sociais da Universidade do Minho a iniciativa de dous exalumnos de Literatura E Cultura Galegas. Trátase dunha xuntanza de persoas galegas e portuguesas arredor dun tema que varía cada ano e que, neste 2017, será "a música".