Temos dispoñibles para consulta 429 actividades
Manuel Rodríguez López. Emigrante galego, poeta obreiro
05/05/2017 07:30

No marco das actividades que con que o Centro de Estudos Galegos celebra a Semana das Letras Galegas na Universidade de Estremadura, poderá verse a exposición Manuel Rodríguez López. Emigrante galego, poeta obreiro.

Casares, escritor do seu tempo
05/05/2017 07:30

O Centro de Estudos Galegos de Estremadura réndelle homenaxe ao autor das Letras Galegas coa conferencia de David Pérez Casares, escritor do seu tempo.

A actividade forma parte das propostas do lectorado para celebrar o Día das Letras Galegas 2017

Poetas galegos
05/05/2017 07:30

O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Estremadura presenta a Semana das Letras Galegas cun concerto.

Durante o acto, José López Santana interpretará poetas musicados de autores como Curros Enríquez, Álvaro Cunqueiro ou Manuel María.

Música tradicional no occidente galego e asturiano: do galego máis occidental ao máis oriental
03/05/2017 07:30

Os centros de estudos galegos de Vitoria e de Deusto organizan dúas conferencias sobre música tradicional galega.

Contando a Carlos Casares
03/05/2017 07:30

Diversos centros de estudos galegos convidaron o director do documental Contando a Carlos Casares, Gonzalo Veloso, a presentar o seu traballo nas súas respectivas universidades.

Ciclo de Cine Multicultural
03/05/2017 07:30

O lectorado do Centro de Estudos Galegos de Vitoria, en colaboración co resto dos lectorados da Universidade do País Vasco, organiza un ano máis o Ciclo de Cine Multicultural para o que cada lector ou lectora selecciona un filme do seu lugar de orixe.

A chave de Bascuas
03/05/2017 07:30

O Centro de Estudos Galegos de Deusto convida a asistir á proxección da curtametraxe A chave de Bascuas.

Homenaxe a Carlos Casares
28/04/2017 13:50

O Centro de Estudos Galegos da Universidade de São Paulo celebra as Letras Galegas en colaboración coa Sociedade Hispano-Brasileira.

Homenaxe a Carlos Casares
28/04/2017 13:50

Conferencia do profesor Gabriel Torres Madureira organizada polo Centro de Estudos Galegos de São Paulo con motivo das Letras Galegas

A visión de Galicia en Portugal
26/04/2017 07:30
Conferencia a cargo de Emilio Cambeiro organizada polo Centro de Estudos Galegos de Lisboa