4º Semana de Convergências Portugal - Galicia

No mes en que se conmemora o Día de Rosalía de Castro celebrarase a cuarta edición desta iniciativa colaborativa que impulsan o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a formación Canto D'Aqui, a Câmara Municipal de Braga e as juntas de frêguesia de Nogueiró e Temões co obxectivo de irmandar as dúas beiras do Miño a través da música, da poesía e da palabra. Será do 18 ao 25 de febreiro de 2018.

 

Converxencias Portugal Galicia
Converxencias Portugal Galicia

Por primeira vez, este ano as actividades da 4ª Semana Cultural celebraranse, ademais de na cidade portuguesa de Braga, en Padrón e en Santiago. Na casa de Rosalía de Castro situada en Padrón celebrarase a inauguración cun concerto de Canto D'Aqui e Iria Estévez. Na capital de Galicia terá lugar a clausura cun concerto de Canto D'Aqui, Uxía e a Banda Municipal de Santiago de Compostela.

Documentos relacionados