Concerto de Luar na Lubre e conferencia de Bieito Romero na Sorbona
A nova xira europea do grupo inclúe unha visita a París.
O próximo venres 26 de xaneiro a Universidade da Sorbona, en París, recibirá a visita de Luar na Lubre.
O evento, a partir das 14:00 horas, forma parte da xira "Camiño do Norte", que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ademais da actuación do grupo incluirá un coloquio con Bieito Romero baixo o título "Luar na Lubre e a música celta".
Lugar: Universidade da Sorbona, en París
Día: 26 de xaneiro
Hora: 14:00 horas