Temos dispoñibles para consulta 429 actividades
Actividade no CEG de Padua
09/03/2018 11:00

Conferencia de María Pardo.

Lingua galega e tecnoloxía: Bolboretas no bandullo
16/02/2018 11:00
Actividade no lectorado da UPV (Vitoria) o venres 23 de febreiro.
Proxección da longametraxe <em>O lapis do carpinteiro</em>
12/02/2018 11:00

O mércores 14 de febreiro ás 15:30 horas na Universidade de Granada.

Actividades de entroido na Universidade de Granada
12/02/2018 11:00

Organizadas polo lectorado de galego. Luns 12 de febreiro.

Proxección do filme <em>Costa da Morte</em>, de Lois Patiño
07/02/2018 12:15

O 15 de febreiro de 2018, ás 17:15 horas, no Main Hall - Taylor Institution

A proxección de Costa da Morte, de Lois Patiño, será en galego, lingua orixinal do filme, con subtítulos en inglés. Enmárcase no Ciclo de Cinema Galego en Oxford que dende decembro ata abril desenvolven o Centro de Estudos Galegos John Rutherford e o Galician Film Forum de Londres. Neste ciclo xa foron proxectados un filme de animación (O Apóstolo, de Fernando Cortizo) e outro de ficción (Os fenómenos, de Alfonso Zarauza).

4º Semana de Convergências Portugal - Galicia
06/02/2018 12:15

No mes en que se conmemora o Día de Rosalía de Castro celebrarase a cuarta edición desta iniciativa colaborativa que impulsan o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a formación Canto D'Aqui, a Câmara Municipal de Braga e as juntas de frêguesia de Nogueiró e Temões co obxectivo de irmandar as dúas beiras do Miño a través da música, da poesía e da palabra. Será do 18 ao 25 de febreiro de 2018.

 

Charla-concerto de Luar na Lubre en Londres
24/01/2018 17:00

A nova xira europea do grupo inclúe un evento musical no IE Cañada Blanch.

Concerto de Luar na Lubre e conferencia de Bieito Romero na Sorbona
24/01/2018 17:00

A nova xira europea do grupo inclúe unha visita a París.

O Apóstolo
29/11/2017 07:30

Filme de Fernando Cortizo que será proxectado no marco do ciclo "O cinema galego hoxe" organizado polo Centro de Estudos Galegos John Rutherford de Oxford

Nova investigación en migracións galegas
07/11/2017 07:30

O Centro de Estudos Galegos de Cork (Irlanda) organiza este venres o congreso New Research on Galician Migrations, no que participaran o propio director do centro, Martín Veiga, o profesor de Bangor David Miranda e a galega de Escocia Māiri Alonso.
 

Tamén se proxectará o documental Apuntamentos para un filme, de Margarita Ledo Andión. ​