Conferencia de Montse Pena Presas na UPV/EHU
Baixo o título "Algo dentro dela quería voar. Unha visión da vida e da obra de María Victoria Moreno"
O próximo venres 27 de abril a UPV/EHU contará coa presenza da profesora e investigadora Montse Pena Presas, quen acaba de publicar o libro "A voz insurrecta. María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida" na Editorial Galaxia. Para conmemorar a figura da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano, Montse Pena impartirá unha conferencia na que nos achegará á vida e á obra de María Victoria Moreno. Ao rematar, realizaremos un coloquio con preguntas ou inquietudes arredor da escritora.
Venres, 27 de abril
Ás 11:00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Letras (Vitoria-Gasteiz)