Volver

#ACULTURASEGUE

A muller na historia do deseño. Fundación Dardo Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Esta publicación bilingüe con texto de David Barro dá a coñecer a historia do deseño galego en feminino en paralelo coa historia internacional . En catro capítulos -"Mulleres deseñadoras na vangarda e na era industrial", "O cambio de paisaxe. Do esquecemento á posmodernidade", "Uno novo amencer. O novo milenio" e "O caso galego. Quen procura, atopa"- analiza o traballo de máis dun cento de deseñadoras que realizaron o seu labor nos últimos 100 anos.

O proxecto inclúe tamén a publicación impresa do volume e prevese que teña continuidade cunha exposición da historia do deseño desde a perspectiva das creadoras, onde poderán verse as principais obras citadas no libro.