Volver

#ACULTURASEGUE

Entroido Ilustrado. Iria Prol

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

O Entroido é unha das manifestacións culturais máis singulares de Galicia, que está experimentando un grande auxe nos últimos tempos, aínda que a pandemia supuxo a cancelación da celebración tradicional en 2021, polo que cómpre buscar canles alternativas para potenciar e perpetuar este valor cultural.

A riqueza do Entroido galego, e máis concretamente do ourensán, está recollida en arquivos tanto fotográficos como bibliográficos especializados no tema, mais non existe un fondo de ilustración ben documentado que conte cunha visión contemporánea que inclúa os traxes e máscaras máis representativos . Este proxecto quere contribuír a paliar tal carencia ofrecendo 6 ilustracións dos traxes e máscaras tradicionais do Entroido de Ourense acompañadas dos correspondentes textos explicativos. Ademais da versión galega orixinal, ofrécese a tradución dos textos ao castelán e ao inglés, co fin de contribuír á divulgación deste patrimonio cultural fóra dos límites da Comunidade Autónoma Galega.