Resolución do 31 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago e a Deputación da Coruña organizan unha nova edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas destinados a persoas de fóra de Galicia, que se desenvolverán en Santiago de Compostela do 3 ao 24 de xullo de 2023.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou un concurso entre os centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para elaborar unha exposición sobre a obra, a época e a lingua de Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.
RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C).
- Resolución do 29 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4 Enlace a DOG
- Resolución pola que se fixan as datas de realización das probas Enlace a DOG
A Asociación Agadea Alzhéimer, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e outras entidades, convoca a segunda edición dun certame literario destinado a concienciar a sociedade sobre a enfermidade do alzhéimer e outras doenzas varias que comparten a deterioración cognitiva e a perda da memoria e da identidade.
O Concello da Estrada, en colaboraciónc oa Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades da Xunta de Galicia por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia convoca o XXXV Premio de Novela "Manuel García Barros" (Ken Keirades), cunha dotación económica de 9.000 euros.
O Concello da Estrada, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca a terceira edición do Premio Alberte Quiñoi para álbums ilustrados infantís de tema libre.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publica esta convocatoria orientada a crear un repositorio de proxectos dixitais e de servizos presenciais que nutran os seus programas de dinamización lingüística dirixidos á poboación nova e de transmisión xeracional da lingua galega. Na súa denominación empréganse as letras T, C e R para se referir, respectivamente, ás accións de "transmitir", "comunicar" e "tecer redes". O repositorio de proxectos TeCe Redes en galego incorpórase como unha nova sección dentro do Fondo Xacobeo 21-22.
Escolas Católicas de Galicia organiza, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da editorial Rodeira-Edebé, o Premio Irmán Reboiras ás Mellores Iniciativas de Fomento do Galego, co obxectivo de impulsar a dinamización da lingua, recoñecer o labor realizado neste ámbito polos EDLG e os seus membros, e dar a coñecer e compartir os seus logros máis significativos en prol do coñecemento e uso da lingua galega.
As propostas serán enviadas antes do 15 de decembro do 2022 e o ditame do xurado farase público no mes de febreiro do 2023.