ORDE do 30 de novembro de 2021 pola que se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento PL500B).
- ORDE do 30 de novembro de 2021 Enlace a DOG
- Extracto da Orde do 30 de novembro de 2021 Enlace a DOG
A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a décimo sexta edición do Premio de Narrativa Breve Repsol.
ORDE do 30 de novembro de 2021 pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento PL500A).
- ORDE do 30 de novembro de 2021 Enlace a DOG
- Extracto da Orde do 30 de novembro de 2021 Ver Extracto da Orde do 30 de novembro de 2021
Resolveuse o IV Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez, o Vello dos Contos, organizado, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte ... nas Ondas!
O Certame de Cinema OUFF Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se conceden os premios do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia
O certame, convocado pola conta de Instagram ‘Arquivo das Trasnas’, conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e das editoriais Cuarto de Inverno e Galaxia, e xorde dous anos despois do nacemento da conta de difusión de literatura galega nas redes e apenas uns días despois de que esta se fixese co Premio Follas Novas na categoría de proxecto literario na rede.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), organiza a VIII Xornada do Día das Letras Galegas, que terá como protagonista o autor homenaxeado este ano pola RAG, Florencio Delgado Gurriarán.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza, na Biblioteca Pública Ánxel Casal, un obradoiro de creación literaria.
RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4
- Resolución pola que se convocan cursos Celga 1, 2, 3 e 4 Enlace a DOG