Tenemos disponibles para consulta 442 convocatorias
Vídeos gañadores Nós tamén creamos! 2025/2026
02/12/2025 16:00 Premios y certámenes

Resolución da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se aproban as bases e se convoca o concurso de curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2025/2026

Resolución da Convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso académico 2025-2026
26/05/2026 16:15 Formación

A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa resolveron a convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso académico 2025/2026, na cal se establecen as bases reguladoras para realizalos.

XIV Certame de Microrrelatos Feiraco
08/05/2026 11:30 Premios y certámenes

Un ano máis, coincidindo coas Letras Galegas, a Secretaría Xeral da Lingua e Feiraco Lácteos SL convocan o XIV Certame de Microrrelatos co fin de promover o coñecemento, uso e divulgación do galego desde o eido económico.

Convocatoria de axudas 2026 para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares non universitarios
23/04/2026 09:00 Ayudas

ORDE do 7 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PL400B).

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL400B
Lingua de Namorar 2026. Mensaxes gañadoras
14/04/2026 14:00 Premios y certámenes

A consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Xuventude, convocan #LinguaDeNamorar, un concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido á mocidade.

Xornada do Día das Letras Galegas, Begoña Caamaño
10/04/2026 10:45 | Formación

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua e do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), organiza a Xornada do Día das Letras Galegas.

Axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega
07/04/2026 10:55 Ayudas

ORDE do 18 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PL400A).

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL400A
Celga 4 en liña. Resultados definitivos
17/03/2026 09:55 Pruebas

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convoca a proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2025 (código de procedemento PL500G).

  • RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua Enlace a DOG
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500C
Cursos Celga 2, 3 e 4
13/03/2026 12:30 Formación

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

XXXVI edición dos cursos de lingua e cultura galegas: Galego sen fronteiras
10/03/2026 10:30 Formación

Organizados pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.