A Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocou en maio de 2019 o X Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da 24ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense
Resolución do 20 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2019 (código de procedemento PL500C).
- Resolución Enlace a DOG
- Orde do 14 de maio de 2019 pola que se convocan 5 bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (PL500E) Ver Orde do 14 de maio de 2019 pola que se convocan 5 bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (PL500E)
- Extracto da orde Ver Extracto da orde
Orde do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases que rexen o programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2019
- Orde do 15 de marzo de 2019 de subvencións a entidades locais para a promoción da lingua galega Enlace a DOG
- EXTRACTO da Orde do 15 de marzo de 2019 de subvencións a entidades locais para a promoción da lingua galega Enlace a DOG
Resolución da VIII edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora.
O prazo de recepción de orixinais remata o 28 de xuño de 2019.
Xa coñecemos os vídeos gañadores do III Concurso de booktrailers do IES Pontepedriña, unha iniciativa que xurdiu hai tres cursos co fin de fomentar a lectura e a creación audiovisual en galego. Nesta terceira edición, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, decidiu ampliar o certame ao alumnado de todos os centros de Galicia sostidos con fondos públicos. O traballo premiado na categoría de 12 a 15 anos foi a presentación da novela O que sei do silencio de Andrea Maceiras realizada por David López Lapeña (IES de Foz); na de 16 a 18 anos gañaron Artur Vázquez e Aarón Vilariño (IES Pontepedriña) con O xardineiro dos ingleses, de Marcos Calveiro. Parabéns!!!