O xurado do concurso Lingua de namorar 2021 reuniuse o venres 26 marzo para elixir as mensaxes gañadoras das categorías A e B, de entre aquelas mensaxes que resultaron máis votadas polo público. Son as seguintes.
O xurado do certame aRi[t]mar escolleu as poesías finalistas publicadas en Galicia e en Portugal en 2020.
O I Premio ASUBÍO de novela Fundación María José Jove (FMJJ) Infancia e Mocidade pola Inclusión é unha iniciativa de carácter bienal da FMJJ e de Hércules de Edicións que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e que ten como obxectivos promover o fomento e a creación de obras literarias que aborden o tema da infancia e da mocidade en risco de exclusión social e que favorezan o coñecemento sobre este tema, nomeadamente entre a xente nova.
O Certame de Cinema OUFF Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou un concurso entre os centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para elaborar unha exposición sobre a obra, a época e a lingua de Xela Arias, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que esta viviu.
A Academia Xacobea, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e co patrocinio de Aluminios Cortizo S.U.L, convoca o II Premio de Novela Camiño de Santiago co fin de promover e divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno Xacobeo.
Xornadas organizadas por Luneda Producións; e apoiadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela.
RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (código de procedemento PL600A)
- Resolución do 18 de xaneiro de 2021 pola que se anuncia a convocatoria de cursos Celga Enlace a DOG
O Grupo Nueva Pescanova, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Foro Enrique Peinador convocan este certame infantil de relatos en galego co obxectivo de promover o uso da lingua propia de Galicia entre as novas xeracións e a concienciación sobre a importancia de protexer os nosos océanos, mares e recursos mariños desde as idades máis temperás.
Evento coa participación de Mariña Area, Daniel Asorey, Nee Barros, Carlos Callón, Yolanda Castaño, Míriam Ferradáns, Inma López Silva, Eva Mejuto, María Xesús Nogueira, Emma Pedreira, Montse Pena Presas, Mario Regueira, María Reimóndez, Ana Romaní, Marga Tojo, Bieito Troncoso, Marga do Val e Malores Villanueva. Organizado por Daniel Chapela.