RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento PL500A)
- Orde de convocatoria de axudas para o fomento do galego a centros públicos Enlace a DOG
- Extracto da orde Enlace a DOG
O certame de microrrelato que Feiraco Lácteos SL organiza en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística con motivo do 17 de maio, Día das Letras Galegas, fai 10 anos. Por este motivo, para participar haberá que presentar un relato de ata 500 caracteres, orixinal e en galego, que comece coa frase "Hai hoxe 10 anos...". O concurso está dirixido a persoas a partir de 13 anos.
Feiraco Lácteos SL e a Secretaría Xeral de Política Lingüística organizan, con motivo do Día das Letras Galegas, un certame de artes plásticas con técnica e formato libres e coa temática "Leite con letras".
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, no marco do programa europeo POCTEP, desenvolven o proxecto Nortear. Entre outras actuacións contempla a realización dun premio literario anual que vai pola súa VII edición no ano 2021.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), organiza a VII Xornada do Día das Letras Galegas, que terá como protagonista a autora homenaxeada este ano pola RAG, Xela Arias.
O xurado do concurso Lingua de namorar 2021 reuniuse o venres 26 marzo para elixir as mensaxes gañadoras das categorías A e B, de entre aquelas mensaxes que resultaron máis votadas polo público. Son as seguintes.
O xurado do certame aRi[t]mar escolleu as poesías finalistas publicadas en Galicia e en Portugal en 2020.
O I Premio ASUBÍO de novela Fundación María José Jove (FMJJ) Infancia e Mocidade pola Inclusión é unha iniciativa de carácter bienal da FMJJ e de Hércules de Edicións que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e que ten como obxectivos promover o fomento e a creación de obras literarias que aborden o tema da infancia e da mocidade en risco de exclusión social e que favorezan o coñecemento sobre este tema, nomeadamente entre a xente nova.
O Certame de Cinema OUFF Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.