Tenemos disponibles para consulta 438 convocatorias
XI Proxecto Didáctico Antonio Fraguas
05/03/2018 14:45 Premios y certámenes

O prazo de presentación de proxectos remata o 31 de maio de 2018

Resolución VI Certame Lingua de Namorar
07/02/2018 10:23 Premios y certámenes

O xurado do VI Certame Lingua de Namorar emitiu o ditame destes premios convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

X Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto
16/01/2018 12:35 Premios y certámenes
PLAZO: inscricións ata o 28 de febreiro de 2018
30/11/2017 07:37 Formación

Publicada a resolución definitiva de 8 bolsas de formación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades nos proxectos de investigación Etiquetador/Lematizador do galego actual (Corga/Xiada), Codolga: Corpus documentale latinum Gallaeciae, Bilega: Bibliografía Informatizada da lingua galega, Terminoloxía científico-técnica, Informes de literatura, Recuperación de textos literarios e xornalísticos galegos, Lírica profana galego-portuguesa e Dimensións da identidade colectiva de Galicia.

  • Resolución definitiva Ver Resolución definitiva
  • Resolución provisional Ver Resolución provisional
  • ORDE do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de oito bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (ED109A) Enlace a DOG
  • EXTRACTO da Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de oito bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (ED109A) Enlace a DOG
23/11/2017 12:15 Formación

O Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, celebra a XI edición da Xornada Xustiza e Lingua, Reflexións para a Normalización, dirixida a profesionais dos servizos lingüísticos e da xustiza, a alumnado das escolas de práctica xurídica e de Dereito e a persoas interesadas en xeral.

16/11/2017 12:15 Formación

A Comisión de Normalización da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, programa unha nova edición destas xornadas dirixidas a alumnado, persoal docente e investigador e mais persoal de administración e servizos das tres universidades galegas, así como a outros profesionais da educación interesados en mellorar o uso e coñecemento dos recursos didácticos en galego dirixidos á poboación adulta.

14/11/2017 07:04 Formación

Escolas Católicas de Galicia, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza a XIII Xornada de Normalización Lingüística, destinada a todo o profesorado de centros públicos, concertados e privados.

24/10/2017 08:00 Premios y certámenes

A Concellería de Cultura do Concello de Ourense, Normalización Lingüística e o Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan o VIII Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da 22ª edición do Festival de Cine de Ourense, que se celebrará en 2017.

PLAZO: A inscrición deberá formalizarse antes do 3 de xullo de 2017
01/09/2017 08:00 Formación

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora co Instituto de Estudios Bercianos (IEB), coa Comisión Cultural Martín Sarmiento e coa Real Academia Galega (RAG) na organización do Simposio do Bicentenario de Antonio Fernandez Morales / XI Xornadas de Autor IEB Antonio Fernández Morales: o cantor do Bierzo, que se desenvolverá en Ponferrada, en Vilafranca do Bierzo e en Cacabelos os días 15, 16 e 17, respectivamente, co gallo de renderlle tributo ao cantor en galego máis importante desta área galegofalante.