Tenemos disponibles para consulta 438 convocatorias
30/05/2017 08:00 Premios y certámenes

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora co Concello de Cuntis na convocatoria deste premio que ten como obxectivo homenaxear unha figura sobranceira da cultura galega polas súas contribucións ao ámbito da escola, da etnografía, da literatura e do patrimonio.

Os traballos que se presenten deberán de estar escritos en lingua galega, ser orixinais e inéditos e a súa extensión non será superior a 30 folios, versarán sobre os ámbitos das ciencias sociais e das humanidades (arqueoloxía, etnografía, historia, filoloxía, literatura etc.) de temática galega e terán que supoñer unha achega orixinal e novidosa ao coñecemento de calquera das disciplinas nomeadas.

PLAZO: ata o 29 de setembro de 2017
23/05/2017 07:28 Formación

A Universidade da Coruña, por medio do seu Servizo de Normalización Lingüística, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a novena edición deste curso de verán que ten como obxectivo proporcionarlle ao alumnado un achegamento á lingua e á cultura propias de Galicia combinando as actividades teórico-prácticas con actividades culturais.

22/05/2017 11:00 Premios y certámenes

No marco do desenvolvemento da Lei Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía, a Escola Oficial de idiomas de Santiago de Compostela, en colaboración coas secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura da Xunta de Galicia, convocou os premios aRi(t)mar Galiza e Portugal. Este proxecto didáctico-cultural desenvolvido inicialmente pola EOI compostelá ten por obxectivo difundir a música e a poesía galego-portuguesa actuais e achegar a lingua e cultura das dúas comunidades.

27/04/2017 14:28 Formación

A Fundación Otero Pedrayo, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Liceo de Ourense, organiza estas xornadas para afondar no coñecemento da obra do autor de Arredor de si e divulgar a súa figura.

26/04/2017 09:30 Ayudas

Orde do 11 de abril de 2017 pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á xuventude durante o ano 2017, e se procede á súa convocatoria.

PLAZO: do 27 de abril ao 26 de maio de 2017
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: BS305E
26/04/2017 09:30 Ayudas

Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove, e se procede á súa convocatoria.

PLAZO: do 27 de abril ao 26 de maio de 2017
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: BS306B
21/04/2017 08:00 Premios y certámenes

A Secretaría Xeral de Política Lingüjística e Feiraco Lácteos S.L., con motivo das Letras Galegas 2017, convocan unha nova edición do Certame de relatos breves Feiraco.

PLAZO: ata o 17 de maio de 2017, Día das Letras Galegas
12/04/2017 07:00 Formación
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Escola Galega de Administracións Públicas convocan tres cursos (75 prazas) de linguaxe xurídica galega nos seus niveis medio e superior, destinados a xuíces, maxistrados, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza e persoal laboral con destino nos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia; a letrados da Xunta de Galicia; a notarios, rexistradores da propiedade, avogados, procuradores e alumnos das escolas de práctica xurídica de Galicia; a profesores de linguaxe de signos e persoas incluídas nas bolsas de traballo para o nomeamento de funcionarios interinos da Administración de xustiza; así como a aquelas persoas que acrediten ter superado o proceso selectivo para o ingreso nos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.
PLAZO: PRAZO: do 8 de ao 17 de abril
12/04/2017 07:00 Formación
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Escola Galega de Administracións Públicas convocan tres cursos (75 prazas) de linguaxe xurídica galega no seu nivel superior, destinados a maxistrados, xuíces, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial que na data desta resolución estean a prestar servizos efectivos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
PLAZO: PRAZO: do 8 de ao 17 de abril
11/04/2017 07:00 Formación

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Escola Galega de Administracións Públicas convocan catorce cursos (350 prazas) de linguaxe administrativa galega nos seus niveis medio e superior, destinados ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que acceden á formación continua.

PLAZO: PRAZO: do 8 de ao 17 de abril