Tenemos disponibles para consulta 163 convocatorias
25/06/2025 16:45 Formación

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2025/26.

Resolución da convocatoria 2025 de axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega
20/06/2025 13:55 Ayudas

ORDE do 14 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento PL400A).

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL400A
Xornada do Día das Letras Galegas. O cancioneiro popular
24/04/2025 14:45 Formación

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua e do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), organiza a XI Xornada do Día das Letras Galegas, que terá como protagonistas as sete cantareiras homenaxeadas e, a través delas, a poesía popular galega que elas interpretaban.

XIII Certame de Microrrelatos Feiraco
14/04/2025 08:00 Premios y certámenes
XXXV Edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas
06/03/2025 10:30 Formación

A Secretaría Xeral da Lingua, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago e a Deputación da Coruña organizan unha nova edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas.

17/02/2025 10:00 Premios y certámenes

A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan o concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua das cantareiras e a poesía popular oral, as figuras homenaxeadas en 2025 no Día das Letras Galegas, e sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que viviron.

Lingua de Namorar 2025
14/02/2025 08:30 Premios y certámenes

A consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Xuventude, convocan #LinguaDeNamorar, un concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido á mocidade.

IV Premio de Literatura Infantil Simbad para o recordo e o alzhéimer
05/02/2025 14:55 Premios y certámenes

A asociación Agadea Alzhéimer, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, convoca a cuarta edición edición deste premio de literatura infantil destinado a concienciar sobre a enfermidade do Alzhéimer e outras doenzas varias que implican a deterioración cognitiva e a perda da memoria e da identidade, así como establecer vínculos a través da literatura entre as distintas xeracións.

XXIX Edición do Premio de Poesía Avelina Valladares
20/12/2024 10:10 Premios y certámenes
V Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado
20/12/2024 10:05 Premios y certámenes