LETRAS GALEGAS

2025 - As cantareiras e a poesía popular oral

A Real Academia Galega (RAG) acordou dedicarlles o Día das Letras Galegas 2025 a sete cantareiras e, a través delas, á poesía popular galega que elas interpretaban. Deste xeito, a Academia recoñece o papel das mulleres na creación e na transmisión literaria, así como o valor da lírica oral, esa que é anónima, que pertence á comunidade e que se aprende escoitando, cantando, traballando, divertíndose... en fin, vivindo nela. Velaquí os nomes e as historias das sete mulleres homenaxeadas pola RAG e por toda a sociedade galega este 2025:

Adolfina Casás Rama (Vila da Igrexa, Cerceda, 1912 – Culleredo, 2009) e Rosa Casás Rama (Vila da Igrexa, Cerceda, 1914 – A Coruña, 2005), tía e sobriña, aprenderon a cantar e logo lles foi recoñecida a súa habelencia para facelo, pois axiña empezaron a chamalas para amenizaren rogas e foliadas. A chegada da radio, das orquestras e de novas modas empezou a mudar o panorama musical galego nos anos 50. Por parte, nos 60 Rosa emigrou -primeiro a Suíza e logo a Reino Unido-, polo que as dúas cantareiras non se volveron xuntar ata os anos 80, cando Rosa regresou e recuperaron os seus cantos de sempre, pero xa para as xuntanzas familiares. É probable que os seus nomes e as melodías que interpretaban quedasen, como tantos outros, no esquecemento, de non ser pola musicóloga suíza Dorothé Schubarth e o filólogo galego Antón Santamarina, que recolleron as súas coplas e que as publicaron no Cancioneiro popular galego (1984-1995). A investigadora -a primeira en rexistrar os nomes das informantes nunha recolleita da nosa lírica tradicional- destacou a variedade e orixinalidade das composicións que interpretaban, así como a capacidade de improvisación de ambas as mulleres.

Eva Castiñeira (Agranzón, Muxía, 1925 – A Coruña, 2008) con oito anos xa cantaba con outras dúas veciñas e coa súa irmá Engracia en bailes e romarías da súa bisbarra. De adulta trasladouse á Coruña, onde traballou no servizo doméstico. En 1980 estaba empregada na casa de Tino Maceiras, un dos socios da discográfica Ruada. Maceiras sentiu cantar a súa empregada de fogar e faloulle dela a Rodrigo Romaní, integrante do grupo Milladoiro, que sacaría ese ano o seu primeiro disco en Ruada e que convidaría a Eva a participar canda a súa irmá nun concerto que se celebrou no pavillón de deportes da Coruña. Era a primeira vez que unha pandeireteira subía ao escenario cun grupo folk. Milladoiro tamén incluiría temas que coñecera por Eva Castiñeiras no disco Galicia no país das maravillas (1986). Temos unha gravación da voz de Eva Castiñeiras, porque en 1981 cantou no álbum Recolleita que deu a lume tamén Ruada, un traballo de corte etnográfico coordinado por Pablo Quintana. En 2011 o grupo Leilía dedicoulle o seu disco Consentimento: “a todas as Evas, para que nunca as súas voces sexan voces segredas”.

Manuela Lema Villar (1913-1993), as irmás Prudencia (1905-1993) e Asunción Garrido Ameixenda (1915-2007) e Teresa García Prieto (1914-1979), todas da parroquia de Mens, en Malpica, formaron -xunto con Adela Rey, Teresa Lema e Manuela Garrido- As Pandeireteiras de Mens ou As Vellas de Mens. As pandeireteiras homenaxeadas traballaron toda a vida como labregas e, a partir de 1972, xa nos lindes dos 80 anos, percorreron Europa e América coa Agrupación Folclórica Aturuxo dirixida por Manuel Cajaraville. Este recolleu e estudou os seus cantos no libro Debullando folklore. Tamén Dorothe Schubarth e Antón Santamarina reproduciron as súas coplas no Cancioneiro popular galego.

Exposiciones

Actividades dinamizadoras

Imaxe Arrabeas porque canto

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)

Arrabeas porque canto

Imaxe Danza de Eva Castiñeiras

CPI Cruz do Sar, Bergondo (A Coruña)

Danza de Eva Castiñeiras

Imaxe Cantares de cego

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)

Cantares de cego

Imaxe Versoamos

CMUS de Vigo, IES de Coruxo e CEIP Ría de Vigo, Vigo (Pontevedra)

Versoamos

Imaxe O enxeño da percusión doméstica dos nosos devanceiros

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)

O enxeño da percusión doméstica dos nosos devanceiros

Imaxe Foliada das Letras Galegas 2025

CEIP Raquel Camacho, A Coruña  (A Coruña)

Foliada das Letras Galegas 2025

Imaxe Libros, Maios e Letras

CEIP García Barbón, Vigo (Pontevedra)

Libros, Maios e Letras

Imaxe Música, cantigas, bailes e traxes tradicionais

CEIP Vicente Arias de la Maza, Lalín (Pontevedra)

Música, cantigas, bailes e traxes tradicionais

Imaxe Conversas de polavila

CPI de Cervantes ( Cervantes, Lugo)

Conversas de polavila

Imaxe Letras Galegas 2025 nas Escolas Católicas da Coruña

CPR Santa María do Mar, CPR Escravas Sagrado Corazón de Xesús, Fundación Fogar de Santa Margarida, A Coruña, CPR Fillas de Cristo Rei, Oleiros (A Coruña)

Letras Galegas 2025 nas Escolas Católicas da Coruña

Imaxe Escolma e karaoke das cantigas de Agolada

CEIP Plurilingüe de Agolada, Agolada (Pontevedra)

Escolma e karaoke das cantigas de Agolada

Imaxe Audio de felicitación polo Día das Letras

EEI de Amil, Moraña (Pontevedra), EEI de Romai, Portas (Pontevedra)

Audio de felicitación polo Día das Letras

Imaxe Radio Monelos: Letras Galegas 2025

IES Monelos, A Coruña (A Coruña)

Radio Monelos: Letras Galegas 2025

Imaxe Biografía e actividades sobre as cantareiras

CEIP Carmen García Carrasco, Cenlle (Ourense)

Biografía e actividades sobre as cantareiras

Imaxe Telexornal Edición Cantareiras

CPR Fogar de Santa Margarida, A Coruña (A Coruña)

Telexornal Edición Cantareiras

Imaxe As nosas cantigas (caderno viaxeiro)

CEIP Plurilingüe A Fraga, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

As nosas cantigas (caderno viaxeiro)

Imaxe Autodefinido das cantareiras

CPR Fogar de Santa Margarida, A Coruña (A Coruña)

Autodefinido das cantareiras

Imaxe Xota do Fogar

CPR Fogar de Santa Margarida, A Coruña (A Coruña)

Xota do Fogar

Imaxe Cancioneiro popular galego

CPI Suárez Marquier, O Rosal (Pontevedra)

Cancioneiro popular galego

Imaxe Fichas de recollida e traballo coas cantigas populares

CEP Campolongo, Pontevedra (Pontevedra)

Fichas de recollida e traballo coas cantigas populares

Imaxe Libros, Maios e Letras

CEIP García Barbón, Vigo (Pontevedra)

Libros, Maios e Letras

Imaxe O valse das avoas

CPR Fogar de Santa Margarida, A Coruña (A Coruña)

O valse das avoas

Imaxe Cantareiras. Letras Galegas 2025

IES Concepción Arenal, Ferrol (A Coruña)

Cantareiras. Letras Galegas 2025

Imaxe <em>As ferreñas</em>

CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro, Cerceda (A Coruña)

As ferreñas

Imaxe Letras Galegas 2025 (presentación, Kahoot...)

CEIP Campomaior, Ordes (A Coruña)

Letras Galegas 2025 (presentación, Kahoot...)

Imaxe Telexornal  (As cantareiras)

CPI dos Dices, Rois (A Coruña)

Telexornal (As cantareiras)

Imaxe As cantareiras mundiais

EOI de Vigo, Vigo (Pontevedra)

As cantareiras mundiais

Imaxe <em>Canto popular gallego</em> (presentación)

CMUS Profesional da Coruña (A Coruña)

Canto popular gallego (presentación)

Imaxe Rachando coas coplas machistas do cancioneiro tradicional

IES Monte das Moas, A Coruña (A Coruña)

Rachando coas coplas machistas do cancioneiro tradicional

Imaxe Audiolibro

CEIP San Martiño, Pontevedra

Audiolibro "As Cantareiras"

Imaxe Karaoke: Túa nai é meigha

CEIP Plurilingüe do Carballal, Marín (Pontevedra)

Karaoke: Túa nai é meigha

Imaxe Telexornal (As cantareiras)

CPI dos Dices, Rois (A Coruña)

Telexornal (As cantareiras)

Imaxe Un Nadal en branco e negro (aguinaldo)

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)

Un Nadal en branco e negro (aguinaldo)

Imaxe Antoloxía de cantareas

CEIP de Louro, Muros (A Coruña)

Antoloxía de cantareas

Imaxe Día das Letras Galegas 2025

Seminario Galán (A Coruña)

Día das Letras Galegas 2025

Imaxe XV Concurso de Marcapáxinas

IES San Clemente, Santiago de Compostela (A Coruña)

XV Concurso de Marcapáxinas

Imaxe Chotis en pictogramas

CPI Cruz do Sar, Bergondo (A Coruña)

Chotis en pictogramas

Imaxe As cantigas do meu colexio

CEIP R. Otero Pedrayo, A Laracha; CEIPP Sofía Casanova, Culleredo; CPI Cruz do Sar, Bergondo; CEIP Cidade Vella e CEIP San Pedro de Visma, A Coruña (A Coruña)

As cantigas do meu colexio

Imaxe As nosas cantigas (caderno viaxeiro)

CEIP Plurilingüe A Fraga, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

As nosas cantigas (caderno viaxeiro)

Imaxe Dúas ducias de coplas para darlle ao miolo

CEIP Juana de Vega, Oleiros (A Coruña)

Dúas ducias de coplas para darlle ao miolo

Imaxe As nosas cantigas

CEIP Campomaior, Ordes (A Coruña)

As nosas cantigas

Imaxe Calendario das cantareiras e a poesía popular oral

IES do Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Calendario das cantareiras e a poesía popular oral

Imaxe Guía de lecturas dos EDLG do Morrazo

Coordinadora dos EDLG do Morrazo (Pontevedra)

Guía de lecturas dos EDLG do Morrazo

Imaxe Axenda para o profesorado

CEIP Plurilingüe do Castrillón-Coiro, Cangas (Pontevedra)

Axenda para o profesorado "Man a man"

Imaxe Calendario mensual do curso 2024-2025

CEIP A Xunqueira II, Pontevedra

Calendario mensual do curso 2024-2025

Imaxe Cantigas populares interpretadas polo alumnado de infantil

CPR Eduardo Pondal, Cangas (Pontevedra)

Cantigas populares interpretadas polo alumnado de infantil

Imaxe Axenda escolar

CEIP de Ardán (Marín), Pontevedra

Axenda escolar "Tecendo fíos coa Mangallona"

Imaxe Cancioneiro de Monfero

CPI Virxe da Cela, Monfero (A Coruña)

Cancioneiro de Monfero

Imaxe Cantigas populares

CEIP Bormoio-Agualada, Coristanco (A Coruña)

Cantigas populares

Imaxe Cantigas para nenos

CEIP Canosa-Rus, Coristanco (A Coruña)

Cantigas para nenos

Imaxe Cancioneiro

IES de Sabón, Arteixo (A Coruña)

Cancioneiro