Tenemos disponibles para consulta 38 programas
II Premio Castelao de Textos Teatrais da Deputación de Pontevedra
30/03/2026 12:15 Formación

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos, convoca o II Premio Castelao de Textos Teatrais da Deputación de Pontevedra como continuación da homenaxe iniciada en 2025 ao escritor e dramaturgo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no 75 aniversario da súa morte.

Curso 'Biografías Lingüísticas e transmisión do galego. Unha mirada crítica'
20/11/2025 12:15 Formación

O 29 de novembro vai ter lugar na Facultade de Filoloxía da USC o curso Biografías Lingüísticas e transmisión do galego. Unha mirada crítica, organizado polo ILG e o grupo MetalingüísTICa da USC.

XXXII Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”
17/11/2025 16:45 Premios y certámenes

O Concello de Lalín, en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, as asociacións gastronómicas galegas e a Axencia Turismo de Galicia (Xunta de Galicia) convoca unha nova edición do Premio de Xornalismo Gastronomico "Álvaro Cunqueiro"

Simposio ILG 2025. A intelixencia artificial e a lingua galega: oportunidades e riscos
07/10/2025 13:45 Formación

Do 18 ao 20 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC.

VIII Xornada de Onomástica Galega
05/10/2023 08:25 Formación

Organizada pola Real Academia Galega, celébrase o sábado 21 de outubro.

II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
05/10/2023 08:25 Formación

Organizada polo Instituto da Lingua Galega e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro, vai ter lugar o luns 9 de outubro no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC.

02/10/2023 08:25 Premios y certámenes

O concello de Paradela convoca unha nova edición deste certame de narrativa e de poesía cos obxectivos de honrar o fillo ilustre do municipio que lle dá nome ao premio e de ofrecerlles ás persoas con vocación literaria unha canle para dar a coñecer a súa obra.

22/06/2023 14:25 Premios y certámenes
Promovido pola Asociación Cultural Rosalía de Castro, de Cornellá (Barcelona)
II Premio de Oratoria
12/04/2021 14:25 Premios y certámenes
Certame organizado pola asociación Lisístrata e dirixido a alumnado dos diferentes ciclos do ensino e para centros públicos ou privados (Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato) de Galicia e do exterior.
IX Edición do Concurso de Microrrelatos “Ribeira Sacra-Parada de Sil”
02/02/2021 12:30 Premios y certámenes

O Concello de Parada de Sil convoca a Novena Edición do Concurso de Microrrelatos “Ribeira Sacra-Parada de Sil” 2021, que estará aberta para a presentación de traballos ata o próximo 30 de marzo de 2021. O fallo do xurado darase a coñecer o 7 de maio, en tanto que a entrega de premios terá lugar o 15 do mesmo mes no salón de actos do Concello, durante o acto de celebración das Letras Galegas que cada ano celebra o Concello de Parada.