-
O galego... promovelo
- Red de Dinamización Lingüística
-
Equipos de Dinamización de la Lengua Gallega
- Todos los recursos
- Recursos didácticos
- Publicaciones
- Audiovisuais e música
- Blogs y recursos en la red
- Iniciativas de dinamización
- Fechas señaladas
- Día de las letras gallegas
- Infantil y primaria
- Secundaria y bachillerato
- Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proyecto lingüístico del centro
- Proyectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte tu iniciativa normalizadora
- Programas
- También te interesa
- Convocatorias y formación
- Memorias
- Otras iniciativas de promoción
- Programas
- Conmemoraciones
- Recursos
- Convocatorias
-
El gallego
Promovelo
-
- Todos los recursos
- Recursos didácticos
- Publicaciones
- Audiovisuais e música
- Blogs y recursos en la red
- Iniciativas de dinamización
- Fechas señaladas
- Día de las letras gallegas
- Infantil y primaria
- Secundaria y bachillerato
- + Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proyecto lingüístico del centro
- Proyectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte tu iniciativa normalizadora
- Programas
- También te interesa
- Convocatorias y formación
- Memorias
Rede de Dinamización Lingüística
A Rede de Dinamización Lingüística é unha asociación voluntaria que busca congregar as entidades con competencia na promoción do uso da lingua galega no ámbito local, vinculada á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da Secretaría Xeral da Lingua.
A Rede naceu en virtude da publicación no Diario Oficial de Galicia, o 21 de setembro de 2010, da Orde do 14 de setembro pola que se crea a Rede de Dinamización Lingüística e actualmente están adheridas 254 entidades. Os seus principais obxectivos son os de promover a coordinación das actuacións en materia de dinamización lingüística e de aumentar a efectividade destas desde o ámbito local.
A figura dunha rede perfílase actualmente como a fórmula máis axeitada para acometer estes fins, xa que, sen lles restar competencias a ningunha das administracións que interveñen, garante extensiva e intensivamente a intervención e optimiza os recursos dispoñibles asegurando uns niveis de eficiencia axeitados.
Por todo isto, A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua, pretende apoiar e colaborar coas entidades locais de Galicia para acadar unha mellora nos servizos que prestan, así como potenciar o uso do galego por parte destas entidades e nas súas relacións coas persoas administradas.
A Rede está aberta á colaboración e á adhesión das entidades privadas sen finalidade de lucro interesadas na consecución dos fins que a orientan.
Contacto
- Teléfono: 881 996 317 / 881 996 320
- Enderezo electrónico: coordinacion.rededl.sxpl@xunta.gal
En virtude da ORDE do 22 de setembro de 2016 adáptase e habilítase electronicamente o procedemento administrativo de prazo aberto da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e, entre eles, o da solicitude de adhesión á Rede de Dinamización Lingüística.
Documentos relacionados
-
Modelo de fichas para experiencias destacadas PDF
Normativas relacionadas
- Orde do 14 de setembro de 2010 pola que se crea a Rede de Dinamización Lingüística Enlace a DOG
- ORDE do 22 de setembro de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Enlace a DOG
- Informe sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola administración local en exercicio de competencia propia