Volver

Informe sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola administración local en exercicio de competencia propia

A Xunta de Galicia fixo público este informe sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola Administración local en exercicio de competencia propia, un novo texto que aclara calquera dúbida sobre duplicidade de competencias e forma na que pode incidir a lexislación vixente en materia lingüística.

O texto recorda que a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta traballa desde o ano 2010 a prol da colaboración e das accións conxuntas entre as dúas administracións, en resposta á necesidade de establecer unha dinámica de traballo conxunto coa que sumar esforzos, aproveitar sinerxías e evitar duplicidades.