Convocatorias

Filtrar por...

  • Colectivo
  • Tema
  • Tipo de convocatoria
Temos dispoñibles para consulta 148 convocatorias
02/08/2017 | Formación

Convocatoria de bolsas de formación no Centro Ramón Piñeiro

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades convoca oito bolsas de formación nos seus proxectos de investigación Etiquetador/Lematizador do galego actual (Corga/Xiada), Codolga: Corpus documentale latinum Gallaeciae, Bilega: Bibliografía Informatizada da lingua galega, Terminoloxía científico-técnica, Informes de literatura, Recuperación de textos literarios e xornalísticos galegos, Lírica profana galego-portuguesa e Dimensións da identidade colectiva de Galicia.

  • ORDE do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de oito bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (ED109A) Ligazón ao DOG
  • EXTRACTO da Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de oito bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (ED109A) Ligazón ao DOG
PRAZO: Prazo de presentación de solicitudes: ata o 4 de setembro de 2017
01/08/2017 | Axudas

Orde de subvencións a entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

Resolución de concesión

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 6 de abril de 2017.

Orde do 6 de abril pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria (procedemento ED115A).

  • RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 6 de abril de 2017 Ligazón ao DOG
  • Orde do 6 de abril de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega Ligazón ao DOG
PRAZO: do 3 de maio ao 2 de xuño de 2017
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: ED115A
28/07/2017 | Probas

Probas para a obtención dos certificados Celga 1, 2, 3 e 4. Resultados provisionais

Resultados provisionais das probas realizadas en xuño de 2017

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: ED114A
28/07/2017 | Premios e certames

XXIV Premios de Publicidade en Gaglego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador, co obxectivo de promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario e en consonancia coas disposicións do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020, convoca os XXIV Premios de Publicidade en Galego.

PRAZO: O prazo de recepción de traballos remata o 2 de outubro de 2017
26/07/2017 | Formación

Praza no lectorado de lingua, literatura e cultura galegas no lectorado de Kiel (Alemaña)

PRAZO: do 27 de xullo ao 28 de agosto de 2017
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: ED110B
03/07/2017 | Axudas

Axudas para proxectos de fomento do galego en centros privados

Resolución das xefaturas territoriais da Coruña e Pontevedra 

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: ED101A
30/06/2017 | Formación

Convocatoria de cursos de nivel medio e superior de linguaxe administrativa galega

A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca tres cursos de nivel medio e tres de nivel superior de linguaxe administrativa galega.

PRAZO: Das 8:00 horas do 28 de xuño ás 14:00 horas do 7 de xullo
16/06/2017 | Premios e certames

XXII Edición do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela

 Premio do Concello da Estrada ao mellor traballo ou serie de traballos (ata un máximo de 5) publicados en lingua galega nun medio de comunicación escrito.

PRAZO: O prazo de recepción de traballos remata o 6 de setembro de 2017