Volver

XIII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas

A Fundación Antonio Fraguas Fraguas, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a décimo terceira edición do proxecto didáctico encamiñado á realización dun programa de pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico do contorno inmediato entre os centros escolares de Galicia.

Establécense dúas modalidades: ensino primario e ensino secundario.En cada unha delas elixirase un proxecto, que se deberá desenvolver durante o seguinte curso escolar.

O ámbito temático abranguerá un ou varios destes campos: etnografía, antropoloxía, xeografía, historia ou arte da contorna inmediata do centro. Un capítulo do traballo dedicarase a tratar algún aspecto lingüístico (toponimia, antroponimia, léxico, fraseoloxía...) relacionado co tema proposto.

O prazo de presentación de proxectos remata o 1 de xuño de 2024.