Volver

TRANSPARENCIA

Funcións e competencias

A Secretaría Xeral de Política Lingüística é o órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de promoción e ensino da lingua galega e de dirección, planificación, coordinación e execución da política lingüística da Xunta de Galicia, e ten como obxectivos impulsar o desenvolvemento e a aplicación da lexislación derivada do artigo 5 do Estatuto de autonomía de Galicia.

Queda derrogado o Decreto 45/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido no devandito Decreto 45/2012

 

Competencias e funcións

En particular, correspóndelle exercer as competencias e funcións seguintes:

  • Promover, impulsar e elaborar propostas lexislativas e regulamentarias que potencien a normalización lingüística e o fomento do uso da lingua galega.
  • Cooperar coa Comisión Interdepartamental da Xunta de Galicia para a Normalización Lingüística e impulsar e coordinar as medidas de política lingüística dos departamentos da Xunta de Galicia mediante a achega do soporte técnico necesario.
  •  Programar e desenvolver medidas para o fomento do uso do idioma galego nos diferentes eidos sociais e económicos de Galicia, co fin de incrementar a dispoñibilidade de produtos e servizos en galego.
  • Planificar e desenvolver campañas e medidas de fomento do uso, coñecemento e difusión do galego dentro e fóra do territorio lingüístico galego.
  • Promover, coordinar e desenvolver a política de investigación que favoreza a normalización lingüística nas súas diferentes manifestacións, especialmente no eido do léxico e a terminoloxía.
  • Emitir informe sobre os proxectos de disposicións normativas de carácter xeral que promovan os departamentos da Xunta de Galicia sobre a normalización do uso do galego ou sobre a política lingüística en xeral.
  • Establecer o marco metodolóxico de referencia e os plans e programas para o ensino do galego ás persoas adultas, de acordo coas directrices do Consello de Europa en materia de ensino de linguas.
  • Colaborar co Consello de Europa e con outros organismos nacionais e internacionais en relación cos procesos para a defensa, a aprendizaxe, o ensino e a avaliación das linguas.
  • Convocar e administrar as probas e expedir os certificados de coñecemento de galego.
  • Convocar e administrar as probas e certificados de tradutoras e tradutores e de intérpretes xurados/as doutras linguas para o galego e viceversa, así como autorizar as habilitacións directas destes, cando procedan, e a súa inscrición no Rexistro oficial de profesionais da tradución e interpretación xuradas doutras linguas para o galego e viceversa.
  • Promover o diálogo, a cooperación e a colaboración con outras institucións competentes en materia de política lingüística.
  • Calquera outra competencia e función que lle sexa delegada ou encomendada pola persoa titular da Consellería.

Órganos

2. Baixo a súa dirección, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, para o cumprimento das competencias e funcións encomendadas, contará cos seguintes órganos:

  1. Subdirección Xeral de Política Lingüística.
  2. Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística.
  3. Intégrase na Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependendo directamente da persoa titular da secretaría, a seguinte unidade con nivel orgánico de servizo:
    • 3.1. Servizo do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. A este servizo, baixo a dirección da Secretaría Xeral de Política Lingüística, correspóndenlle as seguintes funcións:
      1. Xestionar o desenvolvemento dos proxectos e programas de estudos lingüísticos, literarios, históricos e antropolóxicos para a normalización da lingua galega.
      2. Promover a formación e capacitación de universitarios/as, tanto no ámbito galego como internacional, a través de convocatorias públicas para a investigación e o estudo de programas no ámbito das humanidades.
      3. Canalizar, difundir e proxectar no ámbito autonómico, estatal e internacional a información sobre os proxectos e publicacións do centro.
      4. Administración, xestión económico-administrativa e control do funcionamento do centro e do persoal adscrito a este.
      5. Xestionar, en coordinación coas persoas titulares das direccións técnicas dos departamentos do centro, a organización de xuntanzas, encontros, xornadas, congresos e simposios e calquera outra actividade que derive dos proxectos de investigación e formación.
      6. Exercer as funcións correspondentes á secretaría da Comisión Reitora do centro.
      7. Darlle apoio administrativo á persoa encargada da coordinación científica no desenvolvemento dos traballos de investigación do centro.
      8. Calquera outra función análoga que lle sexa encomendada.

Artigo 17. Subdirección Xeral de Política Lingüística

  1. Á Subdirección Xeral de Política Lingüística correspóndenlle as seguintes funcións:
    1. Apoio técnico-administrativo á persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística no exercicio das súas funcións.
    2. Coordinación e xestión dos plans e programas de formación e de acreditación de competencia en materia de lingua galega.
    3. Coordinación e xestión das actividades de formación e promoción da lingua galega, así como a autorización e homologacións de cursos, seminarios, encontros e congresos de formación de lingua galega e/ou de linguaxes específicas, e a xestión das certificacións de aptitude do alumnado, cando proceda.
    4. Xestión das validacións e solicitudes de recoñecemento de certificacións de cursos e outras actividades de formación e normalización da lingua galega (seminarios, encontros...).
    5. Xestión das probas de acreditación da competencia en lingua galega e, de ser o caso, en materia de linguaxes específicas galegas.
    6. Apoio en materia de asesoramento lingüístico e produción e oferta de recursos tecnolóxicos para fomentar o uso da lingua galega.
    7. Xestión das solicitudes de traducións galego-castelán e viceversa de documentación, acordos e títulos oficiais que teñan orixe ou destino noutras comunidades autónomas ou en institucións da Unión Europea.
    8. Xestión das solicitudes de tradución para o castelán de títulos oficiais expedidos en galego que deben producir efectos en administracións públicas doutras comunidades autónomas do Estado español.
    9. Xestión das solicitudes de habilitación profesional para a tradución e interpretación xurada doutras linguas para o galego e viceversa e do Rexistro oficial de profesionais da tradución e interpretación.
    10. Xestión da produción de material didáctico para apoio á formación en lingua galega.
    11. Xestión da colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística con organismos nacionais e internacionais para promover o fomento, a aprendizaxe, o ensino e a avaliación das linguas.
    12. Propoñer a resolución de recursos nas materias que desenvolve.
    13. Calquera outra función análoga que lle sexa encomendada.
  2. Baixo a súa dirección a Subdirección Xeral de Política Lingüística para o cumprimento das funcións encomendadas, contará cunha unidade, con nivel orgánico de servizo:
    1. 2.1. Servizo de Formación, Asesoramento e Proxección Exterior da Lingua. A este servizo correspóndenlle as seguintes funcións:
      1. Organizar cursos de formación, seminarios ou xornadas formativas.
      2. Xestionar as validacións e solicitudes de recoñecemento de certificación de cursos e outras actividades de formación de lingua galega.
      3. Xestionar e administrar as probas de acreditación de niveis de lingua galega.
      4. Xestionar as solicitudes de tradución para o castelán de títulos oficiais en galego que deban producir efectos en administracións públicas sitas noutras comunidades autónomas do Estado español.
      5. Planificar e coordinar a promoción exterior da lingua galega, tramitar os convenios de colaboración para a creación e mantemento dos centros de estudos galegos e xestionar a convocatoria para a selección das persoas lectoras.
      6. Xestionar a promoción do material didáctico para apoio á formación en lingua galega.
      7. Coordinar as tarefas de avaliación dos proxectos de dinamización lingüística dos centros de ensino non universitarios.
      8. Calquera outra función análoga que lle sexa encomendada.

Artigo 18. Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística

  1. 1. Á Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística correspóndenlle as seguintes funcións:
    1. Apoio técnico-administrativo á persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística no exercicio das súas funcións.
    2. Coordinación e xestión das medidas para o fomento do uso do idioma galego nos diferentes ámbitos sociais e económicos de Galicia para incrementar a súa dispoñibilidade en produtos e servizos.
    3. Coordinación e xestión das liñas de axuda e subvencións para o apoio á dinamización e promoción da lingua galega.
    4. Coordinación e xestión das actividades de normalización e dinamización lingüística e as derivadas das campañas de promoción e difusión da lingua galega.
    5. Coordinación, xestión e difusión dos recursos e/ou estudos necesarios para a promoción do galego.
    6. Fomento das actividades de normalización e promoción da lingua galega en administracións públicas e noutras entidades.
    7. Coordinación e xestión da participación en feiras, congresos e exposicións de difusión de linguas.
    8. Fomento da produción de material didáctico para o apoio á formación en lingua galega e á normalización lingüística.
    9. Coordinación da xestión de consultas e queixas en materia de dereitos lingüísticos e a proposta de resolución de recursos nas materias que desenvolve.
    10. Calquera outra función análoga que lle sexa encomendada.
  2. 2. Baixo a súa dirección, a Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística, para o cumprimento das funcións encomendadas, contará cunha unidade con nivel orgánico de servizo:
    1. 2.1. Servizo de Xestión e Promoción Lingüística. A este servizo correspóndenlle as seguintes funcións:
      1. Elaborar o anteproxecto de orzamentos da Secretaría Xeral de Política Lingüística, exercer a súa xestión económico-administrativa e o seu control orzamentario.
      2. Xestión da contratación administrativa para a realización das actividades de formación, fomento e normalización da lingua galega, así como a dos convenios de colaboración con estas finalidades.
      3. Habilitación de pagamentos, agás os relativos ao capítulo I.
      4. Propoñer a resolución de recursos nas materias que desenvolve este servizo.
      5. Calquera outra función análoga que lle sexa encomendada.