Volver

Proposta provisional de resolución das axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios para o curso escolar 2023/24 (PL500A)

Resolución do 28 de decembro de 2023 pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2023/24 (código de procedemento PL500A).

Proposta provisional de resolución

Provincia da Coruña

Listaxe coa puntuación e financiamento de proxectos admitidos

Provincia de Lugo

Listaxe coa puntuación e financiamento de proxectos admitidos

Provincia de Ourense

Listaxe coa puntuación e financiamento de proxectos admitidos

Provincia de Pontevedra

Listaxe coa puntuación e financiamento de proxectos admitidos

Listaxe de excluídos

Listaxe de excluídos

NOTA: O prazo para presentar alegacións remata o día 27 de maio (incluído).

Convocatoria

1. Obxecto.

A presentación e a realización de proxectos de fomento do uso do galego dos centros públicos de ensino de Galicia dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega ou polo profesorado responsable do proxecto naqueles centros de ensino que conten con menos de seis unidades, durante o curso escolar 2023/24 (código de procedemento PL500A), e o establecemento de axudas que apoien o seu financiamento.

As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

2. Persoas destinatarias.

Os centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario.

Prazo de presentación de solicitudes

Do 16.01.2024 ao 15.02.2024