Unha vida no mar: Salud Táboas Barreiro

Centro: EEI da Marisma, Redondela (Pontevedra)
Curso: 2023 - 2024

O alumnado de infantil da EEI da Marisma, neste 8 de marzo, amósanos o seu traballo de conmemoración desta data e réndelle unha homenaxe a Salud Táboas Barreiro, a primeira muller mariñeira da contorna. A través das voces das nenas e nenos coñecemos esta afouta e brava muller que mesmo tivo que facerse pasar por home para traballar no mar, e foi unha auténtica heroína rescatando náufragos coa súa gamela na badía de San Simón.

Enlaces relacionados