Seres fantásticos da mitoloxía galega

Centro: CEIP Sequelo, Marín (Pontevedra)
Curso: 2023-2024

Vídeos que dan conta das investigacións, composicións ou traballos plásticos, moi interesantes e acaídos para a semana do Samaín, que o alumnado do CEIP Sequelo realizou arredor dalgunhas das nosas figuras mitolóxicas como o gatipedro, a Santa Compaña, os trasnos... Por exemplo, no caso das lavandeiras nocturnas, coñecidas a través dun romance recollido en Cerdedo e amplamente musicado, podemos escoitar a interpretación da cantiga na voz dunha alumna.

Enlaces relacionados