Gala de premios aRi[t]mar galiza e portugal

Centro: EOI de Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2023-2024

O vindeiro venres 22 de novembro, a partir da 20.30 h, celebrarase no Auditorio de Galicia a gala de entrega de premios aRi[t]mar galiza e portugal. O certame, organizado pola EOI de Santiago de Compostela e apoiado, entre outras institucións, pola Secretaría Xeral da Lingua, ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galegas e portuguesas actuais.

As propostas galardoadas nas diferentes categorías son: Morena, De Ninghures (mellor canción galega), Na escola, Os Cuatro e Meia (mellor canción portuguesa), Canto segundo para un fillo non nado, Silvia Penas (mellor poema galego), Há mulheres que trazem…, Sílvia Mota (mellor poema portugués). Tamén se premiará SCD. Cultural e Desportiva do Condado co premio especial do xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona.

A entrada será libre e gratuíta ata completar a capacidade máxima do local.

Documentos relacionados

Enlaces relacionados