Calendario de advento

Centro: CEIP Plurilingüe Víctor López Seoane, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2024-2025

Como adoita ser habitual nos últimos cursos, o EDLG do CEIP Víctor López Seoane da Coruña inicia o percorrido de decembro co seu orixinal calendario de advento. Un almanaque no que cada día do mes de decembro, agás sábados, domingos e festivos, se dan a coñecer vídeos sobre temas como as plantas e os animais da horta. Un auténtico agasallo de Nadal para toda a comunidade educativa, incluídas as familias.