Pódcast "Castelao na Estrada"

Centro: CEIP Cabada Vázquez, A Estrada (Pontevedra)
Curso: 2024-2025

Interesantísimo pódcast que lle debemos ao alumnado do CEIP Cabada Vázquez, no que realizan unha viaxe ilustrativa pola vila da Estrada e a súa contorna, para dar conta da vinculación de Castelao con esas terras e das numerosas obras que o inspiraron. Para complementar esta salientable achega ao Ano Castelao, musicaron e cantaron, acompañados polo piano da profesora de música, a letra de "A Marquesiña".

Sonidos

  • Pódcast