Vídeos de recomendacións lectoras

Centro: CEIP Vicente Arias de la Maza, Lalín (Pontevedra)
Curso: 2024-2025

Achégase o 23 de abril, Día do Libro, e o EDLG do CEIP Vicente Arias de la Maza, xunto co equipo da biblioteca, propuxeron celebralo facendo un intercambio de recomendacións lectoras coa cativada do CEIP Xesús Golmar. Aquí nos deixan tres dos vídeos que gravou o alumnado onde, moi graciosamente, nos explican e recomendan algunhas lecturas que lles gustaron.