Batucada para a eliminación da violencia contra as mulleres

Centro: CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán, Cangas (Pontevedra)
Curso: 2024-2025

Unha batucada no Auditorio de Cangas para os outros colexios da vila e un mural na escola foron as potentes actividades que deseñou o CEIP da Espiñeira-Aldán para visibilizar a súa denuncia contra a violencia de xénero. Para preparar o concerto, primeiro cada clase escolleu unha melodía infantil e traballou un conto tradicional para desmontar os roles machistas; despois, as alumnas e alumnos adaptaron as letras e ensaiaron a interpretación acompañándoa cos instrumentos. No blog tamén podemos ver o cartel colaborativo que fixeron, no que as dobras conteñen palabras acordes á conmemoración do 25 de novembro.

Enlaces relacionados