Tenemos disponibles para consulta 135 contenidos
26/02/2026 11:30 Premios y certámenes

A consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Xuventude, colabora neste concurso organizado pola Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa.

Resolución do Concurso-Exposición sobre a escritora e xornalista Begoña Caamaño, a quen se lle dedican as Letras Galegas 2026
13/02/2026 09:00 | Exposiciones

A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan o concurso para elaborar unha exposición sobre a escritora e xornalista Begoña Caamaño, a figura homenaxeada en 2026 no Día das Letras Galegas, e sobre a situación sociolingüística do momento en que viviu.

21/01/2026 09:15 Formación

Resolución da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso académico 2025/2026 e se establecen as bases reguladoras para realizalos.

IV Premio de Oratoria en Formato Podcast
12/01/2026 10:25 Premios y certámenes

A Asociación Amigos de Otero Pedrayo convoca, coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, o IV Premio de Oratoria en Formato Podcast "Ramón Otero Pedrayo", coa finalidade de incentivar a expresión correcta e as habilidades comunicativas mediante o cultivo da expresión oral e da oratoria —da que o escritor ourensán foi un mestre—, con técnicas actuais para a sociedade dixital.

Premios do XVI Certame de Cinema Ouff Escola
28/11/2025 08:14 Premios y certámenes

O Certame de Cinema Internacional Ouff Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, que ten como obxectivo impulsar o uso do galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo. Así mesmo, pretende potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas. O Certame vai destinado a todos os centros educativos de ensino non universitario de Galicia, así como a aqueles de fóra da nosa Comunidade que teñan materias en lingua galega.

XXI Xornada de Normalización Lingüística
07/11/2025 10:00 | Formación
XXV Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025
03/10/2025 14:15 Premios y certámenes

A Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e Editorial Galaxia, coa colaboración de Caixa Rural Galega, convocan o XXV Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.

VI Premio Morales 2026
23/09/2025 10:55 Premios y certámenes
XVI Certame de Cinema Internacional Escolar Ouff Escola 2025
18/09/2025 10:55 Premios y certámenes