Aquí tamén soa o galego

Centro: CMUS Xan Viaño, Ferrol (A Coruña)
Curso: 2024-2025

Logo do éxito sen precedentes da campaña Aquí tamén se fala! promovida o ano pasado polo EDLG do IES Rafael Dieste, este curso o EDLG do CMUS Xan Viaño de Ferrol bota a andar Aquí tamén soa o galego (#aquítaménsoa). Trátase dunha nova proposta que xorde para fomentar, a través da cartelaría que nos presentan, o uso da lingua galega entre o profesorado e alumnado dos conservatorios e escolas de música de toda Galicia.

Os centros que decidades sumarvos á iniciativa debedes solicitar o cartel en: edlg.cmus.xanviano@edu.xunta.gal, para que vos poidan achegar o cartel co nome do voso centro.

Documentos relacionados