Postal, calendario e panxoliña

Centro: IES Castro Alobre, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Curso: 2024-2025

Velaquí a postal e o calendario do novo ano que o IES Castro Alobre lle fixo chegar a toda a comunidade educativa, xunto coa divertida "panxoliña 2.0 IA" creada polo alumnado de 3º A da ESO e o seu titor, Kike Portela, que nos fala de como o noso Apalpador consegue virar o negativismo do personaxe do Grinch. Pola súa banda, as imaxes dan conta da extraordinaria creatividade que demostraron as alumnas e alumnos no certame "Unha porta ao Nadal".

Enlaces relacionados