Día de Rosalía

Centro: EOI de Lugo, CMUS Profesional Xoán Montes de Lugo e CDAN de Lugo
Curso: 2024-2025

Que marabilla cando tres centros nos que se prima a lingua, a música e a danza se unen para celebrar e homenaxear a Rosalía!

Un fantástico traballo no que participou alumnado da Escola Oficial de Idiomas, o Conservatorio de Música Xoán Montes e o Conservatorio de Danza de Lugo. Festexaron o Día de Rosalía no auditorio do CMUS coa súa poesía, danza e música. Repartiron poemas de flores e finalmente plantaron un castiñeiro, árbore presente en Follas novas.

Enlaces relacionados