Superheroínas e superheroes

Centro: Aula hospitalaria Arquitecto Marcide, Ferrol (A Coruña)
Curso: 2022-2023

Singular iniciativa da aula do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, que xorde co obxectivo de lles axudar ás nenas e aos nenos hospitalizados a se enfrontaren a distintas doenzas e de facilitarlles a súa estadía nun centro hospitalario.

O proxecto realizouse no marco do Premio de Innovación Tecnolóxica da FP "As novas tecnoloxías como ferramenta didáctica para a accesibilidade universal". No seu desenvolvemento e na elaboración dos materiais (conto, audiovisual, disfraces etc.) colaboraron entidades como a ONCE (conto en braille) e varios centros educativos da provincia da Coruña: CIFP de LEIXA (deseño gráfico e impresión do conto), CIFP Ánxel Casal - Monte Alto (conto en pictogramas e lingua de signos), CIFP Imaxe e Son (realidade aumentada, deseño en 3D, animación e audiovisual), CIFP Paseo das Pontes (confección de disfraces) e CPR Nosa Señora de Lourdes (ensaios da actividade).

Parabéns a Pilar Porta e María Salas pola idea e a Marta Peña, coordinadora do profesorado e alumnado implicado neste excepcional traballo colaborativo!

Documentos relacionados