XI Mostra de Entroido

Centro: CIFP Compostela, CEEPR Aspanaes-Duques de Lugo, EI Raiola, CEIP Lamas de Abade, IES Lamas de Abade, CEIP Apóstolo Santiago, Santiago de Compostela (A Coruña), CEIP Pérez Viondi, A Estrada (Pontevedra), CEIP Plurilingüe Rodolfo Rodríguez Núñez, Vilardevós (Ourense)
Curso: 2023 - 2024

A Mostra do Entroido Lamas de Abade iniciou a súa andaina no curso 2013/2014 e veu desenvolvéndose de xeito ininterrompido ata a actualidade. Ao longo deste tempo, abordou a tradición do Entroido galego desde perspectivas diferentes e xenuínas (os xenerais da Ulla de Couso-A Estrada, Viana do Bolo-Vilariño de Conso, Cobres-Vilaboa, Laza, Santiago de Arriba-Chantada, Verín, Bande, Arcos-Mazaricos, Lobios e Entrimo).

A edición deste ano estará centrada na celebración de Vilardevós e, alén de participar unha ampla representación dos centros da contorna, tamén acudirán profesorado e alumnado do CEIP Plurilingüe Rodolfo Rodríguez Núñez da localidade ourensá. A comitiva estará acompañada pola agrupación Abadiño Son, formación de música tradicional integrada por estudantes e docentes dos centros organizadores, e os Xenerais da Ulla, que farán de anfitrións dos Chocalleiros e Chocalleiras.

Poderase seguir por streaming, o vindeiro 2 de febreiro, desde calquera dispositivo con conexión a Internet a través da ligazón habilitada na web de retransmisións do CIFP Compostela, que este ano tamén se suma á organización do evento.

 

Documentos relacionados

Enlaces relacionados