A natureza que nos rodea (folleto)

Centro: CEIP A Barqueira, Cerdido (A Coruña)
Curso: 2019/2020

A natureza que nos rodea forma parte dun laborioso proxecto de investigación elaborado polo alumnado do CEIP A Barqueira sobre o Concello de Cerdido. A auga é o eixe arredor do cal xiran moitas das actividades. O folleto contén, ademais de fermosas fotografías de ríos, fervenzas, muíños, fontes ou lavadoiros varios códigos QR con información complementaria sobre a riqueza da contorna natural e o patrimonio cultural da zona.

Enlaces relacionados