Actividades Samaín 2020

Centro: CEIP Juan Fernández Latorre, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2020-2021

A pesar da pandemia, a tradición do Samaín segue estando moi presente no CEIP Fernández Latorre da Coruña. Ademais da difusión de distintos recursos educativos (unidade didáctica, xogo, díptico, recomendacións de contos de medo...), esta semana, do 26 ao 30 de outubro, tamén convocará un concurso de adhesivos de terror e organizará unha exposición e acendido virtual de cabazas.

Enlaces relacionados