Samaín en familia (contacontos)

Centro: CEIP Juan Fernández Latorre, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2020-2021

Cada curso por estas datas, o EDLG do CEIP Fernández Latorre da Coruña convoca as familias para relataren historias de terror no centro. As restricións sanitarias impedirán este ano que iso sexa posible; porén, a actividade continúa nos fogares. Así o podemos comprobar neste simpático vídeo no que un alumno e súa nai nos contan Un pesadelo no meu armario. Parabéns aos dous por este entrañable agasallo!

Enlaces relacionados