Marcapáxinas de Isaac Díaz Pardo

Centro: CEIP Plurilingüe O Mosteirón, Sada (A Coruña)
Curso: 2020-2021

Entre as iniciativas que o EDLG do CEIP Plurilingüe O Mosteirón de Sada desenvolveu este ano para conmemorar o centenario de Isaac Díaz Pardo, está este marcapáxinas. Como se pode comprobar, está deseñado para que o alumnado escriba nos cadros as datas de nacemento e de pasamento do artista compostelán. Como suxestión, tamén se poden pintar as letras do seu nome coas cores típicas da cerámica do Castro; por último, só hai que recortar e xa queda rematado o traballo.

Enlaces relacionados