Contos para os nosos afillados. Apadriñamento lector

Centro: CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús, Ourense (Ourense)
Curso: 2019-2020

As rapazas e rapaces de educación primaria do CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús realizan apadriñamentos e amadriñamentos lectores coas nenas e os nenos de educación infantil. Durante o confinamento non se quixeron esquecer deles e desenvolveron apadriñamentos lectores  desde as casas para que os seus afillados festexasen con eles o Día das Letras Galegas.