Lareando no Barbón

Centro: CEIP Plurilingüe García Barbón, Vigo (Pontevedra)
Curso: 2021-2022

O EDLG do CEIP Plurilingüe García Barbón está a elaborar un boletín mensual interactivo no seu blog. Nel podemos atopar desde literatura popular relativa ao mes e á estación (refráns ou cantigas por exemplo), ata vídeos musicais, referencias bibliográficas, audiolibros ou pequenos "adiantos" informativos sobre Fernández del Riego, o autor que será homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2023.

Velaquí tedes os primeiros deste curso.