Fai un trato co galego

Centro: CEIP López Ferreiro, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2022-2023

O EDLG do CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela continúa no novo curso coa súa campaña Fai un trato co galego! Nesta ocasión non son persoas destacadas da cultura, da ciencia, do deporte ou doutros eidos as que reivindican o uso da lingua galega, senón os propios nenos e nenas do colexio, ex-alumnas e ex-alumnos do centro e mesmo estudantes de fóra de Galicia que tamén falan o noso idioma; todos, excelentes exemplos de amor pola terra e compromiso coa lingua. Parabéns!

Enlaces relacionados