Videoclip Eva María liscou

Centro: CEIP Plurilingüe do Carballal, Marín (Pontevedra)
Curso: 2021-2022

O alumnado do CEIP do Carballal preséntanos este novo videoclip musical contra a violencia de xénero, divertido pero á vez reivindicativo. A canción na que se basearon foi publicada no 1972, ano no que se inaugurou o colexio e, polo tanto, forma parte tamén dos festexos polo seu 50 aniversario. Parabéns polo traballo e por esa longa traxectoria educativa!

Enlaces relacionados