Exposición "Mulleres na sombra" e outras actividades polo 8 M

Centro: CEIP Espiñeira-Aldán, Cangas (Pontevedra)
Curso: 2022-2023

O EDLG deste centro publica no seu blog O cantil das palabras todo o traballo realizado para conmemorar o Día da Muller. Nel podemos ver unha exposición a xeito de procura do tesouro, con ambientación de época, onde se lles dá protagonismo ás escritoras que tiveron que utilizar un pseudónimo ou o nome dos seus maridos para poderen publicar, e o contraste coa actualidade, amosado pola escritora Marisa Núñez, que visitou o centro.

Ademais, elaboraron o xogo "O roteiro da igualdade", chapas e, para rematar, cantaron "Lisístrata" de Fillas de Cassandra.

Enlaces relacionados