Curtametraxes

Centro: CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera, Ponteareas (Pontevedra)
Curso: 2022-2023

O CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera, dentro do seu PDI O cine, desenvolveu durante todo o curso un inxente traballo interdisciplinario promovido polo EDLG en colaboracion cos restantes equipos do centro e no marco do programa Nós tamén creamos!

Como resultado, elaboraron nove curtametraxes que exhibiron no I Festival de Cine de Guláns. Algunhas delas xa están dispoñibles na canle da CRTVG e as outras deixámosvolas aquí para que poidades gozar delas coa rapazada durante o verán.